En Arouca hunha casa faria
En Arouca hunha casa faria,
a tant’ey gram sabor de a fazer,
que ja mays custa non recearia,
nem ar daria ren por meu aver;
ca ey pedreyros e pedra e cal,
e d’esta casa non mi mingua al,
se non madeyra nova que queria.
E quem m’a desse sempre lh’o servyria,
ca mi faria hy mui gram prazer,
de mi fazer madeyra nova aver,
en que lavrass’unha peça do dia;
e poys hir logo a casa madeirar,
e telhal-a, e poys que a telhar
e dormir en ela de noyt’e dia.
E meus amigos, par sancta Maria,
se madeira nova podess’aver,
logu’esta casa hiria fazer,
e cobril-a e descobril-a-hia;
e revolvel-a, se fosse mester,
e sse mh’a mi a abadessa der
madeyra nova esto lhi faria.